As festas |
![]() |
As principais celebracións que se organizan no noso pobo teñen lugar no verán. Hai tres datas importantes no calendario.
Santiago Apóstolo As festas de Ponte do Porco celébranse na honra de Santiago Apostol. As datas das mesmas poden variar ainda que sempre hai celebración o día do patrón, o 25 de Xullo. Nesta celebración sempre temos unha gran sardiñada popular, xogos para os nenos e pola noite os bailes populares. Non falta tampouco a misa en honra ao patrón que sempre se celebra á unha e media da tarde do día 25 na praia Alameda.
Noite de San Xoan Na noite de San Xoan, ao igual que en moitas partes de Galiza, é tradicional encender a fogata ás 12 da noite para dar a benvida ao verán. A noite máis curta do ano é a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas.
A romaría Outra celebración, tradicional desde a fundación desta Asociación, é a romaría ou celebración de aniversario da mesma, que se celebra en agosto e xunta a todos os socios, familiares e amigos nun día no que come e baila desde o mediodía ata o anoitecer. Revista do Santiago Apóstolo 2010 |